A arousá Leyre Villamediana gaña a Copa de España Cadete

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

CEDIDA

A deportista do Judo Club Pontevedra-Squash Vilagarcía foi convocada para a proba da Copa de Europa Cadete de Coímbra

17 may 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

A deportista do Judo Club Pontevedra-Squash Vilagarcía Leyre Villamediana conquistaba o pasado sábado en Don Benito, Badaxoz, o título en xogo no cadro de competición feminino de menos de 57 quilogramos da Copa de España Cadete de Extremadura. Fíxoo gañando con autoridade todos os seus combates e impoñéndose na final a súa rival madrileña cun ippon en técnica Osaekomi Waza.

A espectacular progresión da arousá valeulle a súa convocatoria pola Federación Galega de Judo para disputar en Coímbra, o 28 e 29 de maio, a Copa de Europa Cadete do calendario da IJF World Cadet Tour.