A Illa propón colocar pilotes de madeira para frear a erosión do mar no Furado

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Luis Arosa espera poder executar a obra, presupostada en 73.600 euros, con cargo a unha achega da Xunta

19 feb 2025 . Actualizado a las 20:35 h.

O mar está gañando terreo na zona do Furado e o Concello da Illa quere poñerlle freo. O alcalde, Luis Arosa, espera poder facelo mediante unha subvención da Xunta de Galicia orientada a prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos. Trátase dun proxecto de restauración e integración paisaxística no piñeiral do Furado, na zona do Cabodeiro, mediante a creación dunha pantalla protectora con pilotes de madeira de entre 25/30 centímetros de diámetro fincados na area «causando a mínima invasión no litoral e o mínimo impacto visual sendo esta solución máis natural e adaptada o medio», segundo explica o rexedor. O presuposto será da obra é de 73.600 euros.

«Esta subvención é por competencia non competitiva polo que se conceden por orde de chegada; actualmente xa temos o proxecto redactado e os permisos sectoriais polo que vamos traballar para que sexamos dos primeiros e esta obra sexa unha realidade», sinala Luis Arosa.