Uxía Rodríguez gaña o Campionato de España e fai mínima para ir ao Mundial Júnior de ximnasia de trampolín
AROUSA
A cambadesa pon xa a mira na gran cita de China a finais de ano
09 jun 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A cambadesa Uxía Rodríguez Fernández vén de conseguir un novo dobre fito na súa inda curta carreira na ximnasia de trampolín. A pasada fin de semana, no Campionato de España disputado na cidade de Valladolid, a deportista do Club Ximnasia Burgas conseguiu un título nacional e a mínima requirida para poder participar no vindeiro Campionato do Mundo Júnior na modalidade de dobre minitramp (DMT), en novembro na China.
Rodríguez e as súas compañeiras Marta López e Alejandra Braña fixéronse co ouro no cadro de competición por equipos de DMT absoluto. A nivel individual, a arousá foi unha das tres ximnastas participantes quen de superar o 11,2 de dificultade esixido para o Mundial, cun 11,6, por riba do 11,2 pedido que conseguiron a albaceteña Belén Sánchez e a vallisoletana Noa González.