
O Concello retrasou os traballos para non entorpecer as festas de Entroido
22 feb 2025 . Actualizado a las 14:09 h.As rúas Son Aurora e Cruceiro da Illa de Arousa estarán en obras a partir do 10 de marzo. O Concello xa ten o expediente de contratación pechado, pero o goberno local optou por agardar uns días antes de iniciar os traballos co fin de entorpecer o menos posible as festas dun Entroido que tamén se vive nestas céntricas rúas do pobo. Alí vaise a proceder á rehabilitación dos solados da plataforma de tránsitos así como á mellora do acceso á igrexa desde a Sor Aurora mediante a construción dunha rampla.
A intervención consiste na substitución daqueles panos que están afundidos e levantados e a reposición con novas pezas. O orzamento da obra é de 88.841 euros que se financian con cargo ao programa +Provincia da Deputación de Pontevedra.