«Quien a hierro mata»

Estíbaliz Veiga ARRIBA O PANO!

CAMBADOS

08 oct 2019 . Actualizado a las 09:43 h.

30 de agosto estreouse esta peli de Paco Plaza, da produtora galega Vaca Films. O prota, un brutal Tosar (coma sempre deixounos coa boca aberta). Guión de Juan Galiñanes, un rapaz de Cambados que ultimamente forma parte das listaxes das mellores equipas, e non é sen razón.

María Vázquez, a actriz protagonista, está inmensa e fai un tándem perfecto co seu partenaire. Excelente crítica; eu recollo esta que copio, pego e comparto: «Brillantísimo y personal thriller, en sus mejores secuencias bañado en aquella paleta de colores irreales y surgidos de los infiernos del alma humana que ideara otro Mario, Bava […]. Puntuación: cuatro estrellas», sinala F. Fernández en Fotogramas.

Do meu brevísimo paso por ela teño que dicir que traballar con profesionais desta índole é un orgullo, é obvio. Si, foi bonito ter vivida esta «miniexperiencia» e poder contárvolo... pero o mellor é que vaiades ao cine e a vexades.

Rodada en Galicia. Con Xan Cejudo, grande dos grandes que marchou brillando e deixando iso, unha «estela de Grande», e mais o resto do reparto, que fan da historia un continuo apertar de corazón, a base de sutilezas que, sen darte conta, te meten tanto nela que non sabes ben se queres que o bo sexa tan bo, e a idea de Platón do Ben queda «castigada» na esquina de pensar...

Plaza afástase do terror que fixo del director «de culto» e achegase ao thriller máis intenso. Foi creador de Verónica, a saga REC e El segundo nombre; algunha delas aínda hoxe teño que velas abrazada a un coxín, baixando e subindo o volume e con algún que outro berro entre secuencia e secuencia.

Ide ao cine. Agora xa chove. Este, o meu, será un «planazo»!

*Estíbaliz Veiga é actriz.