Torrado abre a porta ao fantástico mundo dos monicreques de Kukas

Bea Costa
Bea Costa CAMBADOS

CAMBADOS

Martina miser

A exposición é o aperitivo á posta en escena de Don Gaiferos, o vindeiro día 26

25 sep 2021 . Actualizado a las 17:19 h.

Hoxe abriu ao público unha exposición planta baixa do pazo cunha proposta ben orixinal, a que presenta Monicreques de Kukas. A compañía estará o 26 de setembro no auditorio de Cambados abrindo o ciclo de teatro do outono con Don Gaiferos, unha adaptación da mesma obra estreada en 1993 que agora volve de xira por Galicia no marco do programa O teu Xacobeo. A conta deste regreso, a compañía organizou unha mostra itinerante que reúne aos monicreques que se utilizaron naquela ocasión xunto cunha reedición do libro de banda deseñada publicado entón e carteis e outros elementos relacionados coa posta en escena. 

Con só cruzar a porta, o visitante atopa un mundo fantástico no que caben desde unha mandrágora ata o Don Gaiferos, unha personaxe que representa aos peregrinos, que ten o seu propio romance e unha longa tradición da que tamén se fixo eco o poeta cambadés Ramón Cabanillas. Don Gaifeiro é un individuo fraco, desaliñado e cos pés sanguentos que ten xa dúas replicas. A primeira recibe ao público en Torrado; a máis moderna subirase ao escenario da Xuventude xunto con outros sete personaxes e a música en directo de Caamaño & Ameixeiras. Entre estas personaxes están O cego e A moinanta, que se inspiran no fundador de da compañía, Marcelino de Santiago Kukas, e a directora da nova montaxe, Isabel Rei. Ambos estiveron este venres en Cambados co gallo da inauguración da exposición, que se pode visitar de martes a domingo en horario de 11.30 a 13.30 e 17 a 20 horas. Logo do día 26 seguirán cara Rianxo e así durante o 2022, á espera do prometido museo dos Monicreques de Kukas en Santiago. Don Gaifeiros ofrece unha boa oportunidade para descubrir todo o traballo e talento que hai detrás dunhas montaxes que non son só para nenos.