Artsorey volve ao pazo de Torrado 

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

Martina Miser

A exposición inaugúrase este mércores ás 20 horas e poderá visitarse ata o 18 de xuño

30 may 2023 . Actualizado a las 16:08 h.

O IES Francisco Asorey de Cambados inaugurará este mércores ás oito da tarde no pazo de Torrado a súa V Mostra Artsorey na que alumnado, profesorado e colaboradores do centro mostran obras elaboradas en diversos formatos: escultura, gravado, fotografía, pintura e vídeo.

Esta quinta edición de Artsorey leva por título Implicarte, co cal se pretende facer «unha chamada a mentalizarse ante os problemas medioambientais e o cambio climático, entre outras cousas, e implicarse dende o local e o individual, na resolución de estas problemáticas».

Martina Miser

Entre os participantes están Manuel Busto, Emérita Méndez, Eduardo Baamonde, Fernando Arenaz, Uxío López, Susana Ferradás, Gerardo Rodríguez Chere, Marité Aragunde, Fernando Quintela e Pablo FramiñánA mostra está comisariada por Gerardo Rodríguez e Domingo Tabuyo e, nunha edición máis, o cartel é obra do profesor e creador José Antonio Gago.

A mostra poderá verse na sala B de Torrado do 31 de maio ata o domingo 18 de xuño.