Esta é a oferta teatral deste outono en Cambados

La Voz CAMBADOS

CAMBADOS

A compañía Elegante Elefante abrirá o ciclo teatral o domingo 19
A compañía Elegante Elefante abrirá o ciclo teatral o domingo 19 JOSE PARDO

O 19 de novembro arrinca no auditorio un ciclo con tres representacións

16 nov 2023 . Actualizado a las 15:26 h.

Volve o Outono de Teatro a Cambados con tres representacións no cartel. A primeira será o domingo 19 con Elefante Elegante, que porá en escena a obra Alma de Trigre. O domingo seguinte será a quenda de María Alonso Tejada e a obra Sofá e o 3 de decembro pecharase o ciclo con Contraproduccións e Entrega en man.

Todas as funcións serán no auditorio municipal de A Xuventude ás 19 horas con entrada a 3,50 euros. Pódense mercar de forma anticipada a través de ataquilla.com

O Outono de Teatro é un clásico na oferta cultural de Cambados grazas á súa participación na Rede Galega de Teatros e Auditorios.