Catoira amplía o número de colectores de reciclaxe nas rúas da vila

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Nuevos contenedores para la recogida selectiva.
Nuevos contenedores para la recogida selectiva. Concello de Catoira

Algúns xa foron instalados ao longo da pasada semana

06 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira vai aumentar o número de colectores de cartón e de envases nas catro parroquias do municipio. Así o anunciou o alcalde Castaño, que destaca que estanse a colocar novos recipientes a maiores dos xa existentes e a substituír varios que están en mal estado. Nestes momentos xa están situados nos seus novos emprazamentos varios colectores azuis tanto en Catoira, Abalo, Dimo como en Oeste. Nos vindeiros días instalarase un mínimo doutros doce novos colectores amarelos tamén repartidos polas parroquias, así como tamén outra partida de colectores verdes para a fracción resto.