Valga pecha o domingo as visitas ao seu monumental Belén artesanal

s. g.

VALGA

MONICA IRAGO

A partir desa data, poderán organizarse recorridos polo nacemento

12 ene 2019 . Actualizado a las 19:19 h.

O Belén artesanal de Valga conclúe este domingo o seu período de apertura ao público logo de seis semanas nas que recibiu milleiros de visitas. Nesta última semana, o nacemento retoma as visitas organizadas. Esta mesma mañá estará protagonizada polo alumnado do colexio Domingo Fontán, de Portas, mentres que o sábado será a quenda dun grupo procedente dunha parroquia de Monforte de Lemos. Declarado de interese turístico galego, a sona do Belén de Valga chega cada vez máis lonxe. Case un cento de de estudantes do instituto Torrente de Pontevedra visitárono.