Primer premiado en Merca-Valga

Trátase dunha campaña de promoción do comercio local


Valga

A campaña de promoción do comercio local Merca-Valga xa ten a súa primeira gañadora. Trátase de Margarita Vieites Seoane, veciña de Pontecesures, que resultou afortunada no sorteo celebrado o pasado 30 de xullo. Recibiu a papeleta agraciada ao realizar unha consumición na cafetería do Auditorio Municipal: o boleto número 2931, coincidente coas últimas catro cifras do sorteo da Lotaría Nacional, Alí, na propia cafetería, Margarita Vieites recibiu o seu premio de mans do alcalde: 500 euros en vales de compra para gastar nos comercios e establecementos adheridos a Merca-Valga. Trátase dunha iniciativa do Concello, vixente ata novembro, para incentivar as compras no comercio local e contribuír á reactivación da economía no municipio.

Son 73 os establecementos participantes ?neste mes de agosto incorporáronse outros dous?, entre eles bares e restaurantes, negocios de alimentación, salóns de peiteado e estilismo, farmacias, carpinterías, estancos, estudos de fotografía, ferraxerías, droguerías, florerías, talleres de automoción, tendas de moda e fogar, mercerías, panaderías e pastelerías, taxis, logopedias, consultorías, negocios de xardinería e produtos agrícolas, hoteis e establecementos deportivos, entre outros.

Ao realizar as súas compras, os clientes destes comercios reciben boletos numerados e o premio recae naquela papeleta que coincida coas catro últimas cifras do sorteo da Lotaría Nacional do último día de cada mes. Os próximos sorteos terán lugar o 29 de agosto, 26 de setembro, 31 de outubro e 28 de novembro. Para cada sorteo só son válidos os boletos entregados durante ese mes e ao seguinte iníciase un novo reparto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Primer premiado en Merca-Valga