Valga celebra os 102 anos da «avoa Bisi»

La Voz

VALGA

Cedida

María Josefa Senín Otero, veciña de Reguengo (Setecoros), soprou as velas da tarta que lle regalou o Concello

04 sep 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

María Josefa Senín Otero, veciña de Reguengo (Setecoros), cumpriu onte 102 anos de idade. Coma sempre, dende que chegou ao cento, recibiu a visita do alcalde, José María Bello Maneiro, acompañado polas concelleiras Carmen Gómez, Begoña Piñeiro e Malena Isorna, que lle entregaron un ramo de rosas, unha torta e doces. O agasallo máis especial de todos foi o que lle deu o seu neto, Roi, que lle tocou unhas pezas coa gaita. María Josefa Senín Otero é a segunda veciña de maior idade de Valga, despois de María Bouzas. As dúas son curmás.