Os meniños de Valga aprenden como compostar os residuos orgánicos

La Voz VALGA / LA VOZ

VALGA

A mestra composteira Silvia Torres traballaou cos pequenos participantes da Escola de Verán

29 jul 2021 . Actualizado a las 13:05 h.

A concienciación ambiental dos máis pequechos é un labor no que o Concello de Valga está a traballar a fondo. Na súa escola de verán, rapaces de catro a catorce anos pintaron murais sobre o medio natural, saíron de ruta para facer inventario de árbores e plantaron hortalizas, unha actividade que repetirán os participantes na segunda quenda. Na mesma liña, onte foi unha xornada de compostaxe.

A mestra composteira do Concello, Silvia Torres, desprazouse ao colexio de Baño para explicarlles aos nenos como reciclar os residuos orgánicos, descubrir que material debe depositarse no composteiro e cal nos colectores de recollida selectiva. Torres despediuse repartindo entre eles agasallos: bolsas para a merenda, cadernos e lapiseiros do Plan Revitaliza.