Concentración de autocaravanas en Valga

La Voz VALGA

VALGA

Participan un cento de vehículos convocados pola  pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA)

11 sep 2021 . Actualizado a las 21:00 h.

O espazo fluvial de Vilarello (Valga) é durante esta fin de semana punto de encontro de arredor dun cento de autocaravanas convocados pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA). Os vehículos comezaron a chegar o venres á noitiña quedando estacionados nos arredores da área de servizo habilitada hai tempo polo Concello para tratar de potenciar no municipio este tipo de turismo. Os asistentes participan en rutas e outras actividades que lle permiten descubrir espazos naturais do municipio coma Mina Mercedes.