Detrás de «Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio»

VILAGARCÍA DE AROUSA

RAMON LEIRO

Carlos Babío  presentará na compaña de Xosé Castro Ratón e Lucía César Veloso o seu libro

20 mar 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • 20 horas • Librería Follas Novas • Vilagarcía • A historia do pazo de Meirás constitúe a crónica dun espolio. A piques de se cumprir 80 anos da decisión de agasallar o pazo ao ditador Francisco Franco, determinada polas autoridades franquistas en 1938, as institucións galegas dan os primeiros pasos para a recuperación dunha propiedade da que paga a pena coñecer varias cuestións. Para empezar, que a vontade orixinal da familia de Emilia Pardo Bazán, a persoa que ergueu as torres na súa configuración actual, era entregalas á Compañía de Xesús. A traballadores e empresas privadas se lles detraen cartos para mercar o pazo. Os concellos coruñeses deben entregar como mínimo o 5 % da recadación do recibo da contribución para acondicionar o recinto e as fincas da contorna son expropiadas. Carlos Babío recólleo no seu libro «Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio», que presentará na compaña de Xosé Castro Ratón e Lucía César Veloso.