Sergio Santos marcha ao Rápido de Bouzas, e Suso comunícalle ao Céltiga que volve ao Arousa

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

MONICA IRAGO

O mediocentro do Porriño despídese entre agradecementos, e declarando que «el Arousa es el equipo en el que más feliz he sido en mi vida, y al que espero volver».

20 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Dous movementos de profundo calado producíanse onte arredor da confección do primeiro proxecto de Rafa Sáez á fronte do Arousa. Cun serio revés, ao comunicarlle Sergio Santos ao presidente arlequinado, Manolo Abalo, a súa decisión final de aceptar a oferta do Rápido de Bouzas e acompañar a Jorge Otero na primeira experiencia de ambos na Segunda División B. E o primeiro paso para a oficialización, quizais hoxe mesmo, do regreso de Suso Martínez ao vestiario da Lomba, co lateral/extremo zurdo trasladándolle onte ao Céltiga que declina a súa oferta de renovación para volver a vestir a camisola dun Arousa que abandonaba o pasado xaneiro, nun estraño episodio nacido aparentemente da incompatibilidade de criterios do adestrador e do futbolista respecto á forma de xogar deste. Ningunha das dúas partes entrou no fondo da saída entón.

O domingo Sergio Santos semellaba ter máis pé e medio no Arousa cá no Rápido de Bouzas. O propio presidente do club vilagarcián, Manolo Abalo, amosaba o seu optimismo ao respecto nunha asemblea ordinaria marcada polo funesto pau chegado do xulgado no tocante ao caso do accidente laboral do ex-utillero arousista. Pero todo mudou o luns. Ese día, explicaba onte o propio mediocentro, «fui a hablar con el Bouzas. Me mejoraron la oferta, y Jorge -Otero- me estuvo insistiendo. Me recordó que él había confiado en mí en el Bouzas -os dous anos anteriores a acompañalo ao Arousa-, me dijo que no le fallase ahora, que voy a ser importante como en Vilagarcía. Y voy a dar el paso para probar en Segunda B».

Santos, cerebro do Arousa de Otero na medular e un dos seis contados futbolistas do último plantel con oferta de renovación por parte de Rafa Sáez, marcha querédonlles «dar las gracias al Arousa, al presidente, a la directiva, a la afición, y a los jugadores del equipo estos dos últimos años», ao tempo que declarou que «el Arousa es el equipo en el que más feliz he sido en mi vida, y al que espero volver».