Unha caravana de xogos en Vilagarcía

La Voz

VILAGARCÍA DE AROUSA

Martina Miser

A capital arousá celebra a semana da mobilidade

17 sep 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Un ano máis, Vilagarcía aposta por celebrar en condicións a Semana Europea da Mobilidade. A programación preparada polo Concello arrincou onte coa irrupción dos polis tolos, uns zancudos moi particulares que asombraron a grandes e pequenos. A conmemoración continúa hoxe, entre as cinco e as oito da tarde, cunha caravana de xogos populares que incluirá carreira de sacos, circuíto de chapas e tiralas, entre outros pasatempos. Todo agarda aos pícaros na rúa Conde Vallellano.