A lectora: Lidia Maneiro Lijó


1. O seu mellor momento para a lectura. A noite. Pero cando estás enganchada a un libro, mesmo mentres se fai a comida.

2. Criterios que segue para a escolla dun libro. Recomendacións doutros lectores, publicidade, e o autor, por suposto.

3. Que lle achega a lectura? Entretemento, intriga e coñecementos.

4. Os seus libros favoritos. Memorias dun neno labrego, de Neira Vilas; El tiempo entre costuras, de María Dueñas; A praia dos afogados, de Domingo Villar; Crónica de una muerte anunciada, de Gabriel García Márquez.

5. Un xénero literario. A novela.

6. Un personaxe e un espazo literario. Balbino, en Vila de Cruces.

7- Que está a ler agora? La mirada de los ángeles, de Camila Läckberg.

8. Un autor en galego e outro noutra lingua. Suso de Toro e Isabel Allende.

9. Que actividades, amais da lectura, ocupan o seu lecer? Facer camiñatas e viaxar.

10. Unha paisaxe no Barbanza digna de libro. O castro do monte Enxa, coa súa lenda dun túnel que o une coa cova da praia de Fonforrón.

Votación
0 votos
Comentarios

A lectora: Lidia Maneiro Lijó