Maralla: «O mar éo todo para min»

a. novo / m. x. blanco

BARBANZA

MARCOS CREO

Nomeada aos Premios Barbantia, a artista di que o difícil é sempre a última pincelada

16 nov 2017 . Actualizado a las 11:53 h.

A pintora de Corrubedo María José Paz Franco, coñecida como Maralla, forma parte da selecta relación de aspirantes aos Premios Barbantia da Cultura. Compite con Francisco A. Vidal e Enrique Paisal polo sereo á traxectoria cultural. Consiga ou non o galardón, a artista xa está plenamente satisfeita co nomeamento.

?Cando esperta o seu interese polo mundo da pintura?

?Creo que a afección pola arte vénme de sempre. Comecei coa cerámica e xa desde o ano 80 empecei a pintar ao óleo. Seguín sempre facendo cousas novas, intentando superarme. Son delineante de profesión e iso tamén me axudou.

?Pero sempre di que é autodidacta.

?Si, a formación axudoume e fixen algúns cursos en Vigo, pero considérome autodidacta. Creo que traballar durante anos axuda a adquirir técnica.

?É posible identificar algún fío condutor no conxunto da súa obra?

?A xente que ve as miñas pinturas di que si, pero eu véxome moi diferente nas miñas obras e tamén por épocas. Gustaríame e soño con que a xente que vexa a miña obra diga que é de Maralla. Eu fago varios cadros á vez e véxoos todos diferentes.

?Pero sempre en torno a ese mar de Corrubedo?

?Si, o mar éo todo para min. Ás veces mergúllome, outras véxoo desde arriba. Tamén me gustan moito as paisaxes de outono, pero o mar sempre está como referencia. Gústanme as paisaxes baleiras, sen figuras humanas. Agora estou introducíndome na temática fantástica, pero cando me mergullo baixo o mar, con sereas. Mesturo estilo figurativo e abstracto.

?Pero ese mar non foi sempre o eixe da súa obra?

?Ao longo de tantos anos deume tempo a abordar temáticas diferentes. Tiven unha etapa espiritual na que facía cruces e máis cruces. Houbo épocas nas que estaba moi influenciada por Kandinsky e inspirábanme as cores e a música.

?A súa técnica predilecta é o óleo, pero hai outras?

?Fixen bastante esmalte en quente, pero, desde fai un tempo, o que me gusta é o óleo sobre lenzo. Apenas toco o acrílico.

?Que ten o óleo?

?Será o costume. Aínda que me encanta a cor do acrílico cando o vexo en obras doutros artistas, eu non acabo de adaptarme.

?Cal é o seu mellor momento para pintar?

?Pinto sempre, é difícil que eu limpe os pinceis, por iso se me avarían tanto. Penso moito na pintura e estou sempre pendente das miñas obras. Non é o eixe da miña vida, pero está moi presente.

?E que sente cando imprime esa última pincelada?

?Eu nunca sei cando é a última pincelada. Ás veces termino un cadro e penso que estaba mellor o día anterior, pero cústame terminar e asinar a obra.

?Estes días ten unha exposición na casa consistorial, en que consiste?

?É unha recompilación de obras dos catro últimos anos, traballos en gran formato. Gústame expoñer alí porque é unha forma de achegarme á xente que non acode ás exposicións.

?E o nomeamento aos Premios Barbantia da Cultura, que lle parece?

?Estou encantada, pero non creo que o sereo sexa para min. A competencia é dura, estou case segura de que volverei estar nomeada para o ano, pero formar parte desa lista é importante.

?Que opinión lle merece o traballo de Barbantia?

?Moitas veces penso que si non estivese esta asociación, que fariamos, porque a constitúe o eixe da comarca nivel cultura.