Mercedes Pais: A fortaleza dunha muller inesquecible

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

BARBANZA

A noiesa era natural de Argalo, onde hoxe recibirá sepultura

19 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

En moi contadas ocasións, hai sementes de valores que prenden en determinadas persoas, que fan que estas se convertan en inesquecibles. Sen ningunha dúbida, este foi o caso de Mercedes Pais Queiro (Noia, 1937). Natural da parroquia noiesa de Argalo, sempre foi un referente das mulleres traballadoras e incansables. Xunto ao seu marido rexentaba o establecemento Almacenes Villaverde López, unha distribuidora dende a que abastecían de produtos a diversos locais. Esa foi a profesión pola que se desvivíu cada día.

Aqueles que algunha vez trataron á noiesa acertan a describir a esa persoa forte, de gran carácter e personalidade propia, que destacaba pola súa valentía. Pero Mercedes era moito máis que iso. Foi unha nai exemplar que criou a catro fillas. Foi unha veciña excepcional que nunca dubidou en axudar a quen o precisaba. Pais faleceu onte aos 81 anos e o seu funeral terá lugar hoxe, ás 18.30 horas, no templo de San Martiño de Noia e os seus restos mortais recibirán sepultura no cemiterio de Santa María de Argalo.