Aguiño réndelle homenaxe póstumo a Lola a Chopa

La Voz

BARBANZA

MARCOS CREO

Será no marco da décimo terceira edición das xornadas promovidas pola asociación Francisco Lorenzo Mariño

19 ene 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Conservatorio de Aguiño (Ribeira) • 20.30 horas • Dolores Pérez González, máis coñecida como Lola a Chopa, será esta tarde nomeada socia de honra da entidade Francisco Lorenzo Mariño. Esta acto marcará o arranque dunha nova edición, a décimo terceira, da semana cultural de Aguiño, que persegue coma sempre perpetuar a memoria do cura. Sobre a traxectoria da homenaxeada falará o delegado de La Voz de Galicia en Barbanza, Ramón Ares, que ofrecerá un relatorio sobre as facetas de socialista e muller no inicio da democracia da aguiñense.

A concelleira de Cultura de Ribeira, Herminia Pouso, e o presidente do colectivo Lorenzo Mariño, Unai González, serán os encargados de inaugurar esta xornada, que inclúe unha charla de Ciprián Rivas sobre a historia da propia asociación, que leva unha ducia de anos sementando cultura na parroquia. Logo actuará Bailadela.