A parroquia rianxeira de Isorna volve a rexistrar unha invasión poética

La Voz

BARBANZA

CARMELA QUEIJEIRO

O festival Mar de Galiza promovido por Xosé Agrelo comezará cun percorrido por Quintáns e unha homenaxe a cinco mulleres labregas falecidas o 12 de xuño de 1906

17 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • Aldea de Quintáns (Isorna, Rianxo) • 16.00 horas • Foi aprazado o pasado fin de semana pola chuvia, pero hoxe terá lugar en Isorna a terceira edición do festival de poesía Mar de Galiza, promovido por Xosé Agrelo Romero. A actividade comezará ás 19.30 horas nas Trece Cruces, pero previamente haberá un percorrido pola aldea de Quintáns, que incluirá unha parada no cabo da localidade para renderlle unha homenaxe ás cinco mulleres labregas falecidas o 12 de xuño de 1906.

Xa no recital, está previsto que o arranque corra a cargo do grupo de pandeiretas do centro cultural Vicente Vidal de Leiro, que lle darán paso a Fátima Rey Blanco, que fará unha presentación. Posteriormente haberá un recital poético ao que se poderán sumar tódalas persoas que o desexen e que incluirá unha posta en escena a cargo de Tatana Teatro.