O alcalde que fun e o que quero ser: Bieito González e Ricardo Suárez

BARBANZA

MARCOS CREO

O exalcalde de Noia e o novo candidato polo BNG explican a súa visión sobre a política

15 may 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Bieito González: «Estamos moi acostumados a debater e decidir en maioría»

Bieito González Domínguez foi alcalde de Noia dende xuño de 1992 ata xuño de 1995. Foron tres anos duros e intensos os que lle tocou vivir. Fíxose cargo do goberno local tras a inhabilitación de Pastor Alonso nun momento no que a crispación e os enfrontamentos eran continuos. Tamén pasou unha etapa con grandes problemas económicos. Una das súas medidas foi pechar a piscina para aforrar e por indicación do Banco de Crédito Local (BCL).

A pesares das dificultades, «conseguimos poñer en marcha a estación de autobuses e a contratación do plan especial de protección e reforma do casco histórico». González sufriu nas súas propias carnes gobernar en minoría pois a oposición impúxolle o soldo base interprofesional.

A pesares dos problemas que tivo séntese orgulloso da súa estadía na alcaldía e tamén comenta que non é quen de dar consellos ao seu compañeiro se chega a facerse co bastón de mando pois «estamos moi acostumados a debater e a decidir en maioría».

Ricardo Suárez: «Gustaríame ser alcalde para acabar coa confrontación»

O candidato do BNG á alcaldía de Noia, Ricardo Suárez García, ten as cousas moi claras. Na súa cabeza ten infinidade de proxectos para a súa vila en caso de que sexa elixido rexedor. Unha das súas propostas é poñer en marcha as semanas dos xogos olímpicos coa finalidade de atraer a grupos e clubs para participar e competir na vila.

Ricardo Suárez non se esquece la mocidade e pretende conceder axudas a aqueles estudantes cuxas teses teñan relación coa localidade noiesa.

Unha das novidades que leva na súa carpeta é unha liña de xuros sen intereses para todos aqueles emprendedores que aposten por Noia para abrir empresas, aínda que non sexan da vila. Ademais «gustaríame ser alcalde para acabar coa confrontación que hai e iniciar un diálogo construtivo entre todos en favor dos veciños».

Por último, cualificou a Bieito González coma «unha gran persoa e un gran activo que temos no partido, sempre disposto a traballar e cunha gran memoria».