
Amador Fresco Muñiz faleceu onte aos 78 anos de idade
17 abr 2025 . Actualizado a las 17:07 h.Hai un dito dos vellos que di que cando nun enterro chove miudo é porque o ceo chora porque partiu unha gran persoa. Casualidade ou non hoxe, o día da túa partida o ceo estaba chorando.
Deixas en nós un recordo imborrable que vagamente o tempo vai curar. Atrás quedan recordos dun tempo pasado onde sempre nos dicías que tiñamos que portarnos ben, onde cada fin de semana pola tarde subíamos ata Valiño a ver como xogaba o teu Cabo de Cruz, ese que aínda que estea en Primeira Rexional ti non deixaches de disfrutar.
Ese equipo ao que axudaches a dar forma e que corría pola túa sangue coma o teu Arousa da xuventude e máis recentemente o Ribeira no que xogaba o teu neto e onde adestraba eu. ¿A quen lle vamos escoitar historias sobre festas de outros temposou consellos de como levar a vida?
Marchou unha parte de nós pero tamén do pobo de Cabo de Cruz e Vilaxoán porque aló onde houbese algo que facer para o pobo alí estabas ti e a túa Maruja, porque sempre antepoñíades o ben colectivo ao ben propio. Orfas quedan as festas do Castro polas cales tiñas unha devoción enorme e pola que aínda que chegases reventado de traballar sempre sacabas un oco para botar unha man.
Deixas un oco baleiro no coro do Castro do cal formabas parte con orgullo. Ese coro que o vindeiro luns vaiche cantar, se as bágoas lle deixan, na túa despedida.
Que saibas que marcaches o corazón de tanta xente que aínda que no día de hoxe que o ceo estaba chorando os teus familiares, amigos e coñecidos viñeron a brindarche unha despedida á altura dun grande.
Quérote, papá.