Patricia Mallo gaña o primeiro Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

Ana Lorenzo Fernández
A. Lorenzo RIBEIRA / LA VOZ

A POBRA DO CARAMIÑAL

cedida

O traballo da viguesa fala da divertida viaxe dunha familia de pantasmas con superpoderes

20 jun 2018 . Actualizado a las 19:04 h.

A viguesa Patricia Mallo acaba de converterse na primeira gañadora do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro, que convoca o Concello da Pobra, a Asociación Cultural Barbantia e a Editorial Galaxia. O traballo vencedor, que logrou impoñerse a outros 38 orixinais presentados ao certame narra a viaxe dos Fantom, unha familias de pantasmas con superpoderes. O membros do xurado, formado pola profesora Blanca Ana Roig, a escritora Fina Casalderrey e o director xeral de Galaxia, Francisco Castro, destacou o ritmo áxil da narracción e o marcado sentido do humor da obra.

O premio consiste nun premio en metálico de 1.500 euros e na publicación do traballo na colección Árbore.