A Pobra conmemorará o 25 de xullo con actividades na Rede

La Voz RIBEIRA / LA VOZ

A POBRA DO CARAMIÑAL

Xosé Lois Piñeiro e Xabier Santos presentaron as actividades
Xosé Lois Piñeiro e Xabier Santos presentaron as actividades

O Concello aposta pola emisión dun vídeo na súa canle de Youtube e dun concurso a través de TikTok

22 jul 2021 . Actualizado a las 18:57 h.

A situación epidemiolóxica e o forte impacto do covid na comarca provocaron que o Concello da Pobra reformulase as actividades programadas para conmemorar o Día da Patria Galega. Así o anunciaron o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, e o edil de Normalización Lingüística, Xabier Santos. Unha das propostas é a emisión dunha peza audiovisual coa lectura de Alba da gloria, de Castelao, a través da canle de Youtube e das redes sociais do Concello pobrense.

Por outra banda, bota a andar o concurso Galeguizando TikTok. Para participar, hai que publicar vídeos que teñan como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da aplicación. Os participantes deben ter 13 anos ou máis e teñen que anotarse e facer a entrega do vídeo a través do enderezo electrónico normalizacion.linguistica@apobra.gal. Os premios serán un lote de produtos culturais galegos e estableceranse un total de tres galardóns valorados en 100 euros cada un.

O 31 de xullo é a data límite para inscribirse e as pezas terán que enviarse antes do 5 de agosto. O día 10 daranse a coñecer os gañadores.