O certame literario Antón Avilés de Taramancos acada neste 2021 a vixésima edición

La Voz NOIA / LA VOZ

NOIA

Foto de familia del acto de entrega del premio en la edición del 2019
Foto de familia del acto de entrega del premio en la edición del 2019 MARCOS CREO

O gañador recibirá un premio de 3.000 euros e a publicación do seu relato

10 mar 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Nada menos que vinte edicións cumpre este ano o certame literario Antón Avilés de Taramancos, que organiza o Concello de Noia e que acaba de abrir o prazo de presentación de obras. En xogo está un premio de 3.000 euros en metálico, una escultura conmemorativa obra do artista noiés Alfonso Costa e a publicación do relato gañador.

Coma sempre, ao concurso poden concorrer traballos de temática libre, pero encadrados no relato de aventuras, escritos en galego e que sexan inéditos. O prazo para presentar as obras, que deben ter unha extensión de entre 70.000 e 100.000 caracteres, finaliza o vindeiro 15 de setembro. A partir dese momento, o xurado terá un prazo duns tres meses para emitir o seu veredicto, que se fará público na segunda quincena do mes de decembro.

En canto ao xurado encargado de valorar os relatos e elixir ao gañador da vixésima edición do certame de aventuras Antón Avilés de Taramancos, estará composto polo alcalde de Noia ou a persoa na que delegue, un membro da revista Casa da Gramática do IES Virxe do Mar e tres vogais escollidos entre persoas vinculadas ao mundo da literatura galega.