Foi un 30 de novembro de 2024 cando Maitane Vicente abría na rúa da Capela de Serra de Outes ULA Librería Social. Falar de Maitane Vicente é falar de iniciativas culturais, incluso escoita as propostas que se lle fagan para poder presentar libros (eu podo dar fe do mesmo). O 21 de febreiro deste 2025 presentábase Lúa e o páxaro de Mari Carmen Rey Núñez; pero se hai algo importante foi o 7 de marzo a presentación de Os cómaros da vida de Xosé Antonio Andrade, a cal tiven que facer de mestre de cerimonias; neste acto aparte do autor do libro, estivo Miguel Anxo Fernán Vello (escritor e editor de Espiral Maior).
Pero se hai algo que para min foi o mellor acto que se fixo na libraría foi o 24 de outubro, con motivo do Día Internacional da Loita contra a Poliomielite. Foi presentado o libro Unha historia de superación de Marisol Bravos López e o documental Polio, crónica de una negligencia. Na mesa estivemos, aparte da autora, o médico Xosé María Dios Diz (organizador das Xornadas de Integración Sociosanitaria de Outes) e este servidor.
Maitane Vicente sempre está aí para atopar os libros que non se atopan no escaparate ou nos andeis (e sei do que falo). O dito, os meus parabéns para ULA Libraría Social e especial para Maitane Vicente por parir este proxecto en Serra de Outes. Grazas Maitane por está aí! Vicente Abelleira. Outes