Traducen ao inglés «Sempre en Galiza»

La Voz

RIANXO

QUEIJEIRO

O traductor e o responsable da editorial británica visitarán a vila rianxeira

17 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Mañá • 20.30 horas • Auditorio de Rianxo • Entrada libre • Unha das obras máis importantes da traxectoria de Castelao, Sempre en Galiza, acaba de ser traducida ao inglés por Craig Patterson, que xunto con Clive Boutle, director da editorial británica Francis Boutle Publishers, visitará mañá a vila rianxeira. Ás 12.30 horas está previsto facer un paseo polo centro do municipio ata chegar á casa de Castelao.

 Pola tarde terá lugar a presentación do libro, un acto que o propio Patterson quixo facer no concello natal do escritor rianxeiro, «en homenaxe a el e a todo o que representa».