«Non estamos dispostas a ser mercancía coa que negociar sillóns e poder»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

RAFA QUINTANS

La organización feminista  Buserana emite un comunicado para sumarse a las concentraciones y la repulsa hacia el tratamiento de los derechos de las mujeres como moneda de cambio

11 ene 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

La organización feminista Buserana emite un comunicado para sumarse a las concentraciones y la repulsa hacia el tratamiento de los derechos de las mujeres como moneda de cambio. Lo hizo público ayer, y así es:

«A Asociación Feminista Buserana quere manifestar a total e absoluta repulsa cara as políticas que tratan de empregar os dereitos das mulleres coma moeda de cambio, recurtando dereitos duramente conquistados e banalizando periogosamente a violencia de xénero que cada ano tantas vítimas acaba cobrando a mans dun machismo que se recrudece. Indigna que se tente relativizar asasinatos machistas desfrazados de eufemismos coma «violencia doméstica», cando cada ano as cifras son contundentes e indican que as mulleres morren por selo. Porque quixeron independizarse, ser libres, soltar as cadeas dunha vida onde vivían presas do temor a unha nova malleira, unha chuvia de insultos ou o desprezo contínuo. Ese é o motivo polo que son asasinadas: por querer decidir sobre a súa propia vida. Moitas, cada ano, non o conseguen. Sucumben ás credenciais de posesión que os homes cren ter sobre elas, sobre nós. Porque todas somos potenciais vítimas dun machismo ao que queren dar pulo en vez de poñerlle freo.

Estamos fartas de que sexan homes os que decidan sobre o noso futuro, os nosos dereitos, onde e cando podemos abortar, cando debemos traballar, en que posto, con quen. É por iso que nos sumamos ás concentracións do resto de compañeiras e de asociacións que non están dispostas a calar nin ficar quedas en Andalucía o próximo día 15 de xaneiro . Non estamos dispostas a ser mercancía coa que negociar sillóns e poder. Só nós somos donas das nosas vidas....e ante iso, nin un só paso atrás!».