O último segredo de Sofán

Félix Neira Pérez

CARBALLO

BASILIO BELLO

María Serrano Paz, a única das mártires que non se enterrou en Artes, foi para o cemiterio de Bonaval

19 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A propósito das mártires de Sofán, recordadas estes días, é certo que non se tiña publicado o dato de cando morrera e onde fora soterrada unha delas, María Serrano Paz, falecida no Hospital Xeral de Santiago.

Pois ben, queremos hoxe aportar a súa partida de defunción, que atopamos nos fondos do Hospital Real, o actual Hostal dos Reis Católicos. Dela dedúcese que os seus restos mortais se perderon para sempre, pois o camposanto citado, o de San Domingos de Bonaval, xa non existe como tal.

O documento di así na súa literalidade: «Serrano Paz, María. En el Gran Hospital de Santiago, a las cinco horas del día dos de marzo, del año mil novecientos diez y nueve, falleció en la Sala del Carmen, confortada con los auxilios espirituales, y a consecuencia de septicemia, según información facultativa, la enferma María Serrano Paz, de treinta y tres años de edad, natural y vecina de Sofán, Carballo, provincia de la Coruña, siendo su estado soltera. La finada era hija de Andrés y Antonia, a su cadáver se le dio sepultura eclesiástica en el Cementerio General de esta Ciudad. Y para que conste, lo firmo como capellán de servicio. Daniel Blanco Otero».

Case quince días, pois, de sufrimento gangrenoso para a mártir María. Posto que non se poden honrar os seus restos, hónrese polo menos a súa memoria.