Promoven un roteiro literario en torno á figura de Labarta Pose

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Labarta Pose
Labarta Pose

Será presentado este sábado no auditorio de Baio, en presenza, entre outros, do presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes

08 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

O auditorio de Baio acollerá este vindeiro sábado, día 12 de marzo, a presentación do roteiro literario «Enrique Labarta Pose na Costa da Morte», unha iniciativa que pretende poñer en valor a figura do autor baiés no propio entorno no que naceu.

A iniciativa parte da Comisión Enrique Labarta Pose, que ademais de perseguir que se lle dedique o Día das Letras Galegas, estuda diferentes accións para divulgar a súa vida e obra. O presidente desa comisión, o físico Jorge Mira, será un dos encargados de presentar o sábado esta nova iniciativa, pero non estará só. Acompañarano Ricardo García Mira, presidente do Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira; Víctor Freixanes, presidente da Real Academia Galega; Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e Manuel Muíño, alcalde de Zas.

O acto é aberto, pero hai que apuntarse nos teléfonos 981 751 398 ou 981 718 056.