Todo listo para un entroido de altura na Costa da Morte: estas son as citas máis destacadas
CARBALLO

En Baio, divertidos mecos volven adornar as portas dos comercios locais
27 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A piques de comezar o aluvión de actividades do entroido, numerosos negocios de Baio locen xa os seus mecos para vestir a vila de cor e creatividade, pero tamén para informar aos clientes da campaña comercial que están a desenvolver neste tempo de carnaval, no que entregarán a cada consumidor que faga compras superiores a dez euros un tique para entrar no sorteo de cestas dos propios negocios. Pero aí non queda a cousa, pois os comercios rifarán produtos doutros comercios: unha especie de «amigo invisible», din.
No resto da Costa da Morte, o groso das actividades comezarán este mesmo sábado, aínda que a Biblioteca Municipal de Corcubión acollerá hoxe a presentación de Kéltiga, unha introdución á antropoloxía cultural de Galicia con Katova (Carmen Tomé). Será ás 19.00.
En canto ao que está por vir, estas son algunhas das propostas máis destacas:
SÁBADO, 1 DE MARZO
- Muxía · Festa e concurso de disfraces: Malecón, 17.30.
- Malpica · Festa, desfile e concurso: centro da vila, 17.00.
- Vimianzo · Concurso de disfraces: zona da praza, 18.00.
- Laxe · Desfile e concurso: centro da vila e pavillón, 17.30.
- A Milagrosa · Festa do renacemento do chorón: procesión, ás 18.00.
- Valenza · Recuperación do Antroido do burro: na Praza de Castroboo, ás 18.00.
DOMINGO, 2 DE MARZO
- A Ponte do Porto · Concurso de comparsas: paseo, 12.30.
- Carballo · Certame de disfraces, comparsas e carrozas, con medio milleiro de inscritos: Praza, 18.00.
- Ponteceso · Desfile da Praza do Recheo ao pavillón: 17.00.
- Dumbría · Desfile e concurso do Concello a O Conco: 17.00.
MARTES, 4 DE MARZO
- Camariñas · Concurso de comparsas: Praza do Mercado, 12.00.
- Carballo · Enterro da sardiña: Praza do Concello, 19.00.
- Fisterra · Certame de comparsas: pavillón, 18.00.
- Zas · Festa e concurso de disfraces: pavillón de Zas, 16.00.
- A Laracha · Verbena, desfile e concurso: Praza, 17.00.
- Cerceda · Festa: pavillón, 16.00.
- Cabana · Festa e concurso de disfraces: pavillón, 17.00.
Mércores, 5 DE MARZO
- Muxía · Enterro do percebe: edificio multiusos, 19.00.
SÁBADO, 8 DE MARZO
- Buño · Enterro da Mikaela: calles de Buño, desde las 16.00.
- Camariñas · Enterro da sardiña.
- Baíñas · Desfile e concurso de disfraces: pavillón, 20.30.
DOMINGO, 9 DE MARZO
- Cerqueda · Percorrido de Madamitos e Ghuardineros: 11.30.
- Malpica · Enterro do Faustino: centro cívico, 17.30.
- Laxe · Velorio, misa e enterro do Caietano: desfile dende a Praza dos Voluntarios ao entorno de Ramón Juega, 18.00.