A asociación A Fonte de Fornelos tamén ten preparado obradoiro e magosto
19 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Samaín como parte do patrimonio cultural galego xa é celebrado polos Concellos, non só por entidades ou centros educativos. Na programación da Laracha haberá o 31 de outubro, en Golmar, unha festa para maiores de 4 anos, de 11.00 a 13.00 e con prazas limitadas: inscricións dende este mércores. Ao día seguinte, sábado 1, transformase a praza Les Sables nun túnel do terror, con pase infantil (17.00) e outro xuvenil, para maiores de 8 anos (18.30): non se precisa inscrición neste caso, tampouco no taller de manualidades desa xornada.
En Muxía repetirán o 31 de outubro (20.00) a Procesión da Santa Compaña estreada con éxito no 2024 e terán ao remate ese día unha peza de Teatro Gazafellos. A novidade pasa por un Concurso de Cabazas Terroríficas, con categoría infantil e xuvenil: inscricións dende este luns ata o día 28 na biblioteca municipal.
Taller de doces e magosto con A Fonte de Fornelos
A asociación A Fonte de Fornelos (Baio) xa avanzou asemade as súas propostas para este tempo. Serán o 1 de novembro, sábado, cun obradoiro infantil de doces de Samaín ás 18.00 horas (convídase a ir disfrazados!) e un magosto veciñal dende as 21.00. O prazo para anotarse en ambas cousas rematará o día 24: 626 617 742 no caso do magosto e 686 367 065 no do taller.