Maxia, música, poesía e algo máis este xoves na Costa da Morte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Francisco Castro estará hoxe na biblioteca de Carballo
Francisco Castro estará hoxe na biblioteca de Carballo Oscar Vázquez

Axenda diaria | Buscas que facer este 23 de outubro? Pois hai ben onde escoller

23 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • A maiores do arranque dos Premios Fouciño en Baio e das citas do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) en Carballo, estas outras citas hoxe na Costa da Morte:

Carballo

Dentro da Semana dos Avós promovida pola parroquia San Xoán Bautista de Carballo, ás 20.30 horas haberá unha mesa redonda que leva por título Maiores e dependencia, con Ana Suárez, traballadora social; Isabel Varela, directora de APEM, e Maite Prieto, educadora social de Cáritas. Acceso libre e de balde.

Doutro lado, e con motivo da celebración do Día das Bibliotecas e do 11.º aniversario da biblioteca Rego da Balsa carballesa, inclúese para hoxe Poesíacordes, con Francisco Castro, escritor e músico. Versos e ritmos para todos os públicos, con acceso de balde e sen inscrición.

A libraría Clarión, por outra banda, dará cabida a un obradoiro infantil da man de Anxóuxeres: 17.30 horas, consulta de prazas no teléfono 689 909 668. Os participantes no taller crearán un porta pintas personalizado.

Dumbría

O Outono nas Bibliotecas inclúe para hoxe un obradoiro con Sara Rodríguez: Mestras da maxia. Será ás 18.00 horas, en Olveira. As prazas son limitadas. Á mesma hora, na Casa da Cultura de Berdeogas, avanzará o Festival Escena Muller (FEM) promovido pola compañia aAntena, e faro con Noelia Darriba e a súa intervención divulgativa Tecendo fíos femininos. Entrada libre e tamén de balde.

Cabana

 Ás 18.30, no centro de maiores de Neaño, proxección de Olladas do Sur, cinema do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Integra o menú de outono deseñado dende o Concello.