Chegou o día para o documental «Ao son da nova regueifa»

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Un intre do avance do documental en Carballo, no mes de setembro
Un intre do avance do documental en Carballo, no mes de setembro ANA GARCÍA

A peza audiovisual estréase hoxe no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galega

28 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Xa se puideron gozar proveitosos petiscos no festival Castelo Conta (Culleredo) e mais en Carballo, mais hoxe, ao fin, será o día. «Por volta das catro» estrearase oficialmente no Culturgal, a Feira das Industrias Culturais Galegas en Pontevedra, o documental Ao son da nova regueifa, no que Bergantiños, como non podía ser doutro xeito sendo berce, está moi presente. «Alegría compartida e agradecemento inmenso para tribo regueifeira», comparte Manolo Maseda logo deste «soño feito realidade» que levaba dez anos no seu maxín. Saúl Rivas e Jairo Iglesias foron patas esenciais da gravación e edición, peza que ve a luz baixo o selo de Undodez. «Activismo e exercicio colectivo, saber facer país e ser quen de mirar con futuro... ao son da nova regueifa!», avanzan.