Guadalupe Vázquez publica obra de poesía

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

.

É a súa primeira publicación neste xénero, baixo o selo de Merakiliteraria

03 dic 2025 . Actualizado a las 09:41 h.

A escritora e docente Guadalupe Vázquez Formoso ten novo fillo literario, o décimo, mais o primeiro de poesía. Cada un, certamente, é especial, mais este inaugura un novo tempo na súa obra. Leva por título O paraíso prohibido e publica Merakiliteraria, unha rama de Kamarada Editorial que xestiona Olalla Estévez. A obra de Guadalupe é a primeira que se lanza na colección de poesía, mentres que Iria López rubrica a primeira en narrativa. Editorial con sede en Castroverde, como explica a propia Guadalupe, xorde como un xeito de dar saída, sobre todo, a creacións de escritores noveis.