Cinco creadores serán os encargados de impartir os obradoiros de poesía para escolares que se desenvolverán en Dombate durante 5 xornadas do próximo mes e nos que tomarán parte 250 alumnos do colexio As Revoltas e do CRA Os Remuíños.
Xoves 20
Xoán Carlos Domínguez abrirá os actos cunha sesión para os alumnos de quinto e sexto de primaria (10 horas).
Venres 21
Ademais de presentar as Xornadas do profesorado, a autora ceense tomará parte nos obradoiros escolares facéndose cargo dunha dobre sesión: ás 10 para os rapaces de terceiro de primaria e ás 11 para os de cuarto.
Luns 24
Tres serán os obradoiros que impartirá María Lires: ás 10 para os pequenos de Os Remuíños e ás 11 e as 12 para os nenos de infantil e de primeiro de primaria de As Revoltas.
Martes 25
A contacontos Paula Carballeira compartirá unha animada mañá cos escolares de primeiro e de segundo da ESO ás 10 e ás 11 horas, respectivamente.
Mércores 26
Carballeira repetirá un día despois presenza en Dombate para pechar o programa cos alumnos de terceiro e cuarto da ESO (10 e 11 horas).