
O centro tivo que facer un traballo en torno á figura das cantareiras, que este ano serán homenaxeadas polo 17 de maio
27 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O colexio Celso Emilio Ferreiro de Cerceda é un dos centros que veñen de ser premiados no concurso escolar das Letras Galegas convocado polas consellerías de Cultura e Educación.
A iniciativa, explican dende a Xunta, convidaba aos estudantes a elaborar unha exposición «centrada na obra, a época e a situación sociolingüística da etapa histórica na que viviron as mulleres que protagonizan a efeméride no 2025»: as cantareiras, e o centro cercedense logrou impoñerse na categoría de infantil e primaria coa proposta As cantareiras e a poesía oral. Un centro vigués gañou no apartado de secundaria.
Os dez carteis e o cartaz que integran as exposicións gañadoras serán impresos e distribuídos en centros educativos de Galicia e do exterior, ademais de bibliotecas e outros espazos culturais. Cada centro recibirá un premio de 2.000 euros.