Teatro, versos, un roteiro e un peche musical para medio cento de docentes

La Voz

LAXE

19 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Medio cento de profesores participarán nas Xornadas para o profesorado que se celebrarán no Centro Arqueolóxico Dolmen de Dombate os días 19, 20, 26 e 27 do próximo mes (ás 18 horas) e que terán como presentadora de cada xornada a escritora ceense María Canosa.

Mércores 19

A compañía Ubú Teatro, que dirixe a contadora Ana Carreira, será a encargada de abrir as xornadas e farao cunha lembranza de Carlos Casares, autor homenaxeado este ano co Día das Letras Galegas, poñendo en escena a obra A galiña azul.

Xoves 20

As actividades deixan momentaneamente o dolmen cabanés para facer un itinerario por Laxe guiado por Miro Villar seguindo as pegadas do poeta local Antón Zapata, autor do poema Dombate.

Mércores 26

Sesión dedicada a analizar con Manuel Ferreiro O dolmen de Dombate, os versos que lle dedicou ao megálito Eduardo Pondal.

Xoves 27

Proposta dobre para despedir as xornadas para o profesorado. Alberto Pombo e Yolanda Castaño ofrecerán o recital poético Rapsodia en negro de Jide Majia, e Bieito Romero demostrará cun concerto que Dombate tamén é unha fonte de inspiración musical.