Nace un club de lectura en Malpica, con Olga Rodríguez á fronte

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

A escritora Olga Rodríguez, nunha sesión con escolares
A escritora Olga Rodríguez, nunha sesión con escolares

Será no espazo La Ratona, en Barizo, unha iniciativa que xorde ao amparo do establecemento

19 mar 2025 . Actualizado a las 23:52 h.

Sábado • Este vindeiro sábado 22 de marzo porase en marcha un club de lectura en Malpica. Será no espazo La Ratona, en Barizo. A mestra Olga Rodríguez Díaz, autora de As crebas da memoria, estará ao fronte desta nova iniciativa gratuíta, que xorde ao amparo do establecemento. As reunións celebraranse con carácter mensual, o cuarto sábado, de 18.00 a 20.00. As persoas interesadas en unirse deben anotarse no 611 351 343. Rodríguez apunta que será o primeiro club de lectura na localidade, polo que hai moita ilusión no proxecto, que xa ten moitos inscritos. A idea inicial é abordar todos os xéneros, irase vendo segundo se decida entre os participantes .