Cartel e novas confirmacións para as Festiletras do Couto 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

PONTECESO

Caldo, Faíscas da Pontraga e Celso Fernández son novos nomes para este festival, no mes de setembro

22 jul 2021 . Actualizado a las 20:17 h.

Algo máis dun mes queda para unha nova edición das Festiletras de O Couto (Ponteceso), impulsadas dende a Fundación Pondal e que, se todo marcha segundo o previsto, volverán ser punto de encontro de parte do mellor talento do país: do 1 ao 5 de setembro. A Xosé Lois Romero & Aliboria, Fetén Fetén, Guadi Galego, Carlos Touriñán e Carlos Blanco sumáronse nos últimos días algunhas novas confirmacións, caso das formacións Caldo e Faíscas da Pontraga e tamén do contador de historias Celso Fernández Sanmartín. Nas últimas horas, ademais, coñeceuse a imaxe deste ano, un deseño de Adrián Varela.