Obradoiro de cinema práctico en Vimianzo, este decembro 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

VIMIANZO

Illa Agrelo e Uxía Suena son as responsables de A Furna
Illa Agrelo e Uxía Suena son as responsables de A Furna

Impartirá o taller A Furna Cooperativa e vai dirixido a mocidade de entre 12 e 17 anos

02 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Vimianzo acollerá unha nova proposta formativa para mocidade, un taller de cine práctico no que os participantes poderán formar parte dun equipo de rodaxe e recrear unha escena da súa película favorita. Desenvolverase os días 22 e 23 deste mes, de 11.00 a 14.00, para rapaces de 12 a 17 anos. O obradoiro será impartido por A Furna Cooperativa, cun prezo de 30 euros. Preinscricións na Casa da Cultura, abertas ata o vindeiro 15 de decembro.