Os Cantos de Nadal regresarán a Vimianzo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

VIMIANZO

Teté Teatro
Teté Teatro BASILIO BELLO

Estarán protagonizados polo grupo Teté Teatro

04 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

En Vimianzo, volverá a haber Cantos de Nadal, pero con novidades. Estarán protagonizados polo grupo Teté Teatro, que irá acompañado polas gaitas de O Revoltixo de Carantoña. Darán comezo o vindeiro venres 12 en Castrelo e rematarán o 22 de decembro na Praza do Concello. Percorrerán, así, todas as parroquias, sempre en horario de tarde-noite. Serán en total catorce actuacións.