Continúa con humor a Semana Cultural de Zas previa á 37.ª Carballeira

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

Romero Mengotti, onte, co alcalde de Zas, Manuel Muíño
Romero Mengotti, onte, co alcalde de Zas, Manuel Muíño BASILIO BELLO

Onte foi día de libros e teatro. Hoxe, de risas: Oswaldo Digón, ás 21.30 hors, no centro sociocultural

10 ago 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

Está en marcha en Zas dende o pasado domingo unha nova edición da Semana Cultural promovida dende o Concello como antesala da Festa da Carballeira. Se onte houbo tempo para presentacións literarias (El Defensor, de Manuel Romero Mengotti) e para o teatro (As alumnas, de Culturactiva), para hoxe unha das propostas máis destacadas chega da man do humor. No centro sociocultural, ás 21.30, de balde, intervirá Oswaldo Digón, con Outra movida. Non será a única proposta do día. Pequenos de 4 a 12 anos poderán participar ás 16.30 nun taller de ciencia e nutrición, a cargo de Sonia Ferreiro. Os adultos terán un de scrapbooking (18.00 horas) e outro de percusión tradicional, con Churía (19.00). Seguen ademais as mostras de fotografías antigas e de labores.