Danza e taller artístico para festexar as Letras Galegas nas Torres do Allo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

ZAS

Las Torres do Allo, en Zas
Las Torres do Allo, en Zas ANA GARCÍA

O pazo máis antigo de Galicia, en Zas, acollerá destacadas actividades esta fin de semana: días 17 e 18

14 may 2024 . Actualizado a las 17:51 h.

Teñen as Torres do Allo, o pazo máis antigo de Galicia, en Zas, varias actividades previstas para conmemorar as Letras Galegas. Na propia xornada, o 17 de maio, poderase gozar do espectáculo de danza Lea, creado por Fran Sieira coa colaboración da asociación Adro de Baio: 12.30 horas, entrada de balde, con posterior foliada aberta. En caso de choiva pasaría ao pavillón. Ao día seguinte, 18 de maio, ás 16.00 horas, será tempo de obradoiro artístico para pequenos de 4 a 10 anos, unha cita de balde na que terán que representar nun lenzo detalles da cultura galega. As prazas no taller son limitadas, polo que ha de contactarse co 981 751 398, 981 718 056 ou info@torresdoallo.gal. A maiores destas propostas haberá servizo de visita guiada polas Torres ás 13.00 e 17.00 horas. Albergan ademais as exposicións As Torres tal como eran e Terra de pazos.