Medio cento de rapaces no campamento de conciliación de Zas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

ZAS

CONCELLO DE ZAS

O Concello ofreciu actividades con motivo desta ponte escolar do Samaín

04 nov 2025 . Actualizado a las 23:28 h.

Máis de 50 nenos de 3 a 12 anos e matriculados nos centros de ensinanza do Concello de Zas participaron estes días no campamento municipal de Samaín que tivo lugar onte e o pasado venres, ámbalas dúas xornadas non lectivas para o ensino.

A rapazada participou en distintas actividades adaptadas ás súas respectivas idades e guiadas por un equipo de monitores especializados. O obxectivo principal, apuntan dende o consistorio, era ofrecer ás familias unha opción de conciliación. E segundo o alcalde, Manuel Muíño, que se achegou a visitar aos pícaros, o de Zas foi dos poucos concellos da zona que ofreceu unha actividade destas características.

Trinke Trinke, dende hoxe

Por outra banda, e concluído xa o Samaín, hoxe comeza un novo programa de fomento da lectura da man da compañía teatral Trinke Trinke, que levará hoxe ata a biblioteca de Zas o espectáculo Viaxe a Sudamérica (18.00).