CONTENIDO PATROCINADO
Ofrecido por Castelo Conta
13 ago 2026 . Actualizado a las 12:48 h.

Este verán hai polo menos dúas razóns para volver a Castelo: unha está sobre o escenario e a outra, no ceo. Xoel López será un dos protagonistas da décimo primeira edición do Castelo Conta, que se celebrará do 24 ao 30 de agosto na parroquia de Culleredo. Antes, o 12 de agosto, Castelo ten unha cita coa eclipse, nunha festa de visionado que combinará natureza, gastronomía, música e veciñanza.

Son dúas propostas dunha programación que leva a cultura a diferentes lugares de Castelo, máis alá dun único recinto. Durante a semana do festival, as prazas, as eiras, as casas, a Taberna, o monte e outros espazos da parroquia acollen actividades e convértense en lugares nos que acontece a festa.

A gran semana do festival chegará a finais de agosto, pero a programación xa comezou. Desde o 24 de xullo, Casa Rodríguez, a Taberna do Castelo Conta, mantén abertas as súas portas cunha programación especial que prolonga durante todo un mes a actividade do festival.

Casa Rodríguez, a Taberna do Castelo Conta
Casa Rodríguez, a Taberna do Castelo Conta Aigi Boga

A recuperación da Taberna é, en si mesma, unha parte da historia do Castelo Conta. Durante décadas, Casa Rodríguez foi un dos lugares de referencia da parroquia e dos seus arredores, coas súas portas sempre abertas e Pilar ao fronte, símbolo da alma do lugar. Pechou en 2017 e, anos despois, o festival decidiu recuperar aquel espazo para devolvelo á vida de Castelo.

Desde entón, a Taberna volve ser un lugar para xuntarse. Este verán acolle de novo os Vermús na Taberna, con gastronomía e música, e amplía a programación do festival moito máis alá da súa semana habitual. E será precisamente na Taberna, e diante dela, onde remate unha das citas máis singulares deste agosto.

Unha noite para mirar ao ceo

O 12 de agosto, a partir das 19:00 h, Castelo celebrará unha festa de visionado da eclipse desde un punto privilexiado para desfrutar do fenómeno. A proposta permitirá compartir a experiencia coa veciñanza e con quen se achegue desde fóra da parroquia, nunha xornada que continuará cunha cea preparada polos propios veciños e veciñas e co concerto de BÖJ en Folgueira, diante de Casa Rodríguez.

O acceso á actividade estará vinculado á pulseira ‘Todo Castelo Conta', que terá un prezo de 10 euros e incluirá unhas gafas especiais para seguir a eclipse con seguridade, ademais dunha consumición durante a xornada e descontos nas barras do festival.

Información e reserva da pulseira ‘Todo Castelo Conta'

Un festival que leva a cultura ás aldeas

Contos de Castelo na Eira de López
Contos de Castelo na Eira de López Aigi Boga

A partir do 24 de agosto chegará a gran semana do festival, con máis de sesenta propostas repartidas polas diferentes aldeas de Castelo. Música, humor, artes escénicas, gastronomía, tradición oral, memoria, natureza e actividades para todas as idades volverán formar parte dunha programación pensada para diferentes públicos.

Entre os nomes desta edición destaca Xoel López, que compartirá programación con artistas como Antía Muíño, 9Louro, Kid Mount, De Ninghures ou Ailá, xunto a outras propostas escénicas, musicais e culturais.

O venres 28 de agosto, Xoel López regresará á polideportiva para ofrecer un directo que repasará máis de dúas décadas de traxectoria. O artista, que xa pasou polo festival en anteriores edicións, compartirá noite con Antía Muíño, que abrirá a xornada ás 21.30 h. Desde a súa etapa con Deluxe ata a súa carreira en solitario, Xoel foi construíndo unha discografía marcada pola liberdade creativa e a procura constante de novos camiños. No Castelo Conta presentará tamén o seu último traballo, ‘Oniria Popular' (2026). A entrada para os dous é conxunta e ten un prezo de 27 euros.

Entradas para os concertos de Antía Muíño e Xoel López

Aínda que xa sabemos que o Castelo Conta ten espazo para todas as xeracións: as mañás estarán adicadas ás crianzas con Xente Miúda; os mediodías, á gastronomía e á música dos Vermús na Taberna; polas tardes, os Contos de Castelo volverán poñer no centro a oralidade, a memoria e as historias da parroquia; e as noites traerán concertos, humor e espectáculos (programación completa en casteloconta.gal/axenda/).

O resultado é unha programación que non se limita a ocupar Castelo durante unha semana, senón que se integra nos lugares que forman parte da súa vida. As eiras que os veciños ceden para acoller actividades, os patios das casas, os alpendres, as prazas, a Taberna, a polideportiva ou a contorna do Monte Xalo forman parte dun festival que medra a partir do territorio que o acolle.

Esa relación coa contorna fíxose especialmente visible na décima edición, cando o Castelo Conta incorporou por primeira vez o Monte Xalo como escenario. Tres días de programación en plena natureza serviron para reforzar unha relación que xa existía desde hai anos entre a parroquia e o monte.

Concertos no Monte Xalo durante o Castelo Conta 2025
Concertos no Monte Xalo durante o Castelo Conta 2025 Aigi Boga

Se hai algo que define o Castelo Conta é precisamente esa capacidade de achegar propostas culturais ao rural e de facer que a propia comunidade participe na construción da festa.

A veciñanza non é únicamente público. Abre as portas das súas casas, participa na organización, prepara comidas, conta historias e fai posible que durante uns días toda a parroquia se transforme nun gran espazo cultural.

O Castelo Conta chega así á súa décimo primeira edición, cunha programación que combina os grandes nomes da escena galega con propostas ligadas á memoria, á tradición e á vida da parroquia. Antes da gran semana, a Taberna e a festa de visionado da eclipse do 12 de agosto serán dúas das citas que anticipan o que sucederá en Castelo a partir do día 24.

O público na polideportiva
O público na polideportiva Aigi Boga

Un festival que comezou hai máis dunha década, dálle outra volta á festa e volve demostrar que a cultura pode construírse desde o rural. Descubre toda a información sobre o Castelo Conta en casteloconta.gal.