Traballo preparatorio para ir á romaría a Santa Margarita

dolores. vázquez

A CORUÑA

CESAR QUIAN

As propostas inclúen ensaios na rúa de grupos tradicionais, a presentación de Punto e Volta, dun documental e charlas

21 ago 2017 . Actualizado a las 20:11 h.

Os amantes da música tradicional teñen esta semana en Santa Margarita unha cita inescusable. Dous días de obradoiros, moitos concertos e fachenda por demostrar o pulo do folclore que vive ultimamente a cidade. Para que non colla co pé cambiado a proposta e para ir quentando os pes para unha foliada que se espera grandiosa, Ardelloeixo, o programa de foliadas da Coruña, presentou xa actividades preparatorias.

Hoxe

A Asociación Cultural Son D’aquí tomará a praza de Pontevedra as 21.00 horas para un ensaio na rúa.

Mércores

A Asociación Cultural Donaire tamén actuará na rúa, as 11.30 horas, no parque de San Diego. Xa no serán, no bar Ambigú-Tempo Novo-Relámpago (Elviña) presentarase, as 20.30 horas, Punto e Volta, que traslada as redes sociais unha radiografía da música e o baile tradicional en Galicia, que irá acompañado dun faladoiro das Pandeireteiras das Encrobas, que participaron no proxecto.

Xoves

A Cova Céltica acolle, as 20.30 horas, a proxección do documental DefolXXI e unha foliada para ir collendo ritmo.

Venres

Na Repichoca farase un faladoiro, as 20.30 horas, sobre o estado do folclore na Coruña coa participación de Antonio Prado (Donaire), Anxo Miján (Son D’aquí) e Cristina Rodríguez (Xacarandaina).

Sábado

Na plaza de Vigo, rebautizada como do Baile, haberá un obradoiro con Mar Suárez (11.00), actuación de Donaire (12.20), obradoiro de Carlos Xosé Vidal (12.45 h), actuación de Son D’aquí (16.45), obradoiro con Xisco Feijóo (17.10) e actuación de Aturuxo (18.30).

Na plaza de Galicia, denominada praza da Música, estará Donaire (11.50), Davide Salvado impartindo un obradoiro (12.15), outro darao Suso Vaamonde (16.00), actuará Son D’aquí (17.15), dará un taller Xela Conde (17.40) e tocará a Banda das Crechas (18.50).

Na plaza de Lugo, como praza Miúda, haberá un obradoiro con Xandobela (11), outro con Donaire (12.50), outro con Xacarandaina (16.30), actuará Pablo Díaz (17.20) e fará un obradoiro Son D’aquí (17.45).

Ademais, actuarán Xebre (plaza Galicia, 11.30), PanSenFron (Alameda, 14.00) e Gaiteiriños (plaza Vigo, 16.30).

Os concertos serán en Santa Margarita: Pablo Díaz con Tic Tac Toc (20.00), A Banda das Crechas (21.30), Riobó (23.00) e Radio Cos (00.30).

Domingo

Santa Margarita acollerá, máis aló da estrita romaría, as actuacións da Banda Municipal (12.00), Xacarandaina (18.00), Samarúas (20.30) e Luar na Lubre (22.00).