Susana Seivane presenta o seu novo disco en «Lúas de outono»

La Voz

A CORUÑA

EDUARDO PEREZ

19 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 20.30 horas • Teatro Rosalía • Entrada libre ata completar aforo • «Sempre sentín que tiña que musicar algún poema de Manuel María, porque son moitas cousas as que temos en común». Así falaba a gaiteira Susana Seivane na presentación da nova edición de Lúas de outono, a homenaxe anual que se lle brinda a Manuel María dende a fundación que leva o seu nome, e que este ano escolleu a Seivane como protagonista da gala desta tarde no Teatro Rosalía.

 A gaiteira presentará no marco de Lúas de outono o seu novo disco, que acaba de saír ao mercado, e que se chama FA: «Non é pola nota, senón polas iniciais dos meus dous fillos, Fiz e Antón, cuxo nacemento marcou a creación deste disco», explicou sobre o que é o seu primeiro traballo discográfico en oito anos. Non só tocará temas do seu novo álbum, senón que fará un dos seus desexos realidade, pois ten preparadas para esta tarde dúas pezas baseadas en dous poemas de Manuel María, algo que «saíu con moita naturalidade», afirma Seivane «tola de contenta» por participar nesta homenaxe.